
O proxecto de revivir Anthem é cancelado definitivamente
Nin Electronic Arts nin BioWare van gastar máis esforzos en Anthem. O looter-shooter vai directo ao caixón dos malos recordos para ambas as dúas compañías, logo dunha recepción negativa pola crítica e o público, e a promesa incumprida de tratar de mellorar a experiencia de xogo. Anthem Next (ou Anthem 2.0) nunca verá a luz e a obra orixinal tampouco continuará adiante con novas actualizacións. «Next!»
BioWare pon fin a unha aventura que nunca chegou a despegar e que provocou máis titulares negativos que positivos ao longo da súa vida útil. Christian Dailey, produtor executivo, acaba de publicar un comunicado no que comenta que o impacto causado polo coronavirus e o desexo de centrarse noutros proxectos, a mestura dos dous elementos, enterrou finalmente o proxecto.
Si, poderás seguir xogando Anthem, por suposto, pero non contes con máis contido nin ningún cambio real na súa xogabilidade. A idea de BioWare é enfocar ao grupo que estaba co looter-shooter en outros proxectos: por unha banda Dragon Age 4, por outra o novo Mass Effect.
An update on Anthem from Christian Dailey: https://t.co/twmWXAXj3B
— BioWare (@bioware) February 24, 2021