O próximo título de Yu-Gi-Oh! xa ten data de saída no Xapón

Confirmada a súa existencia hai unhas semanas, Yu- Gi-Oh! Legacy of the Duelist: Link Evolution, será un título exclusive de cartas para Nintendo Switch. Un agasallo en formato videoxogo para todos os fans da saga que queiran celebrar o vixésimo aniversario do anime, acontecido o ano pasado. Xa ten data de lanzamento: o 25 de abril sairá en Xapón.
Especifícase o lugar porque, se ben o título do xogo está rexistrado tanto en Europa como en USA, non existe unha confirmación oficial de chegada, por parte de Nintendo, para estes territorios.

A marca Yu-Gi-Oh! celebra este 2019 o seu vixésimo aniversario.
Porén, a día de hoxe si transcendeu que Yu-Gi-Oh! Legacy of the Duelist: Link Evolution non terá edición física, e a súa adquisición levarase a cabo de forma exclusiva a través da eShop de Nintendo. Tamén foron reveladas algunhas das súas características:
- O novo título contará con máis de 9.000 cartas dispoñibles.
- O modo historia repasará as diversas tramas que puidemos vivir nas diferentes series de televisión.
- Ao longo da súa campaña medirémonos con máis de 100 duelistas distintos, rostros coñecidos para os seguidores da franquía, abarcando desde a serie orixinal Yu- Gi-Oh! Duel Monsters ata Yu- Gi-Oh! VRAINS.
- Haberá un modo en liña con partidas clasificatorias.