O remake de Dead Space sairá do forno o 27 de xaneiro do 2023

O remake de Dead Space sairá do forno o 27 de xaneiro do 2023

Outro título que xa ten data de saída.  A revisión do clásico título de terror e acción Dead Space verá a luz o 27 de xaneiro do 2023. Polo menos, esa é a intención fixada no calendario polos seus responsábeis.

O equipo de EA Motive emitiu esta semana un directo centrado no apartado artístico do novo xogo. Iluminación, efectos visuais, o motor Frostbite… Todo será novo, pero tamén manterá a esencia necesaria do pasado, pois queren manterse «fieis a tres pilares artísticos clave: o terror, a inmersión e o mundo vivido».

Non hai demasiadas imaxes en movemento e tempo real, pero as comparativas amosan cousas prometedoras, desde logo, con bastante atención e agarimo nas pequenas cousas. A verdade, que é máis doado velo que explicalo, polo que a conotinuación tes o vídeo para comprobar como van avanzando neste remake.

Editor

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Artigos relacionados