O remake de The Last of Us chegará o 2 de setembro para PS5

O remake de The Last of Us chegará o 2 de setembro para PS5

Ao longo dos próximos días —pode que semanas, pode que meses— teremos moi preto o debate sobre esta noticia: era necesario un remake de The Last of Us: Parte I, habendo xa o remaster e vendo que é un título que aínda é sentido coma novo? —ou bastante novo?—. A cousa é que, sexa como for, e opiniones aparte, a revisión deste título será real a partir do 2 de setembro, intre no que Naughty Dog publicará unha nova versión deste xogo.

«Disfruta de una revisión total de la experiencia original, reproducida con fidelidad pero incorporando una jugabilidad modernizada, controles mejorados y opciones de accesibilidad ampliadas. Además, siéntete inmerso con los efectos mejorados y la exploración y el combate mejorados», explican desde o estudio.

Tamén chegará para PC, pero teremos de agardar un chisco máis. O xogo base terá un prezo de 79,99 euros, mais tamén haberá unha edición de luxo de 99,99 euros.

Editor

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Artigos relacionados