Actualidade O RPG chinés Black Myth: Wukong presenta un novo e trepidante adianto

O RPG chinés Black Myth: Wukong presenta un novo e trepidante adianto

Black Myth: Wukong sorprendeu a industria hai uns meses co seu anuncio. O motivo? Loce demasiado ben, demasiado belo e demasiado desafiante. Posicionado xa como un dos títulos máis prometedores da incipiente industria chinesa do videoxogo, o título de Game Science acaba de publicar un novo adianto para celebrar o Ano Novo Chinés.

A proposta deste RPG de acción non oculta a súa ambición nin a súa inspiración nos seus referentes, e aí a saga Souls aparece con luz de seu, mais vestida cunha ambientación e unha estética autóctona que abre moitas liñas orixinais.

A través de IGN China, o estudio estreou un novo tráiler que contén escenas de acción real. Combates, golpes, habilidades… Todo aparece mesturado nos seus tres minutos de duración e abre o apetito para sabermos máis sobre o título. Un bo xeito de despedir o Ano da Rata e darlle a benvida ao Ano do Boi. Hai que dicir que os seus resposnsábeis aclaran que este vídeo non se corresponde coa trama real, senón máis como unha homenaxe a ese cambio anual —se o vedes, saberedes o porque—.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.