O título valenciano Effie estréase hoxe en PC
Ás 17 horas de hoxe, martes 28 de xaneiro, Effie pasará a estar dispoñíbel en Steam e Humble Store para a súa compra. Trátase dun título de plataformas 3D que narra as aventuras de Galand, un home equipado cun poderoso escudo máxico, pero maldicido coa vellez. Ao longo da súa viaxe, Galand buscará a forma de romper a maldición, combatendo malvados inimigos e explorando un extenso mundo de fantasía.
Creado polo estudio valenciano Inverge Studios, trátase dunha obra que xa obtivo diversos recoñecementos, sendo apoiado no seu momento pola iniciativa PlayStation Talents, recibindo críticas positivas por parte da comunidade de xogadores de Sony. Desde o 4 de xuño está dispoñíbel en PlayStation 4.
Pódese adquirir por un prezo de 19,99€ (16,99€ durante a primeira semana).




