eSports O torneo BreoFighters traerá as labazadas no Samaín!

O torneo BreoFighters traerá as labazadas no Samaín!

O 2 e 3 de novembro terá lugar na Coruña o primeiro evento do proxecto Breogaming, unha asociación galega que busca organizar torneos de Street Fighter V, Tekken, Dragon Ball FighterZ e Smash Bros.

Sen dubida, é un motivo de celebración para os seareiros dos xogos de loita, así como unha boa oportunidade de achegarse á comunidade novos xogadores interesados neste xénero. Após o éxito do EVO, de seguro moitos xogadores estarán desexando competir nas súas rexións e en Galicia terán unha opción imperdíbel con este novo evento.

No caso do Street Fighter V os xogadores mais destacados de Galicia, Alex siege e Rivarsal, son parte do equipo de organizadores, polo que será unha boa oportunidade de ver ao vivo algún dos mellores xogadores a nivel nacional. O certo e que este torneo, xunto coa existencia da asociación BreoGaming, pode conectar as distintas comunidades.

Guía de supervivencia da FGC galega

Todos os interesados nos xogos de loita deberían estar atentos ás seguintes agrupacións:

Os que teñan curiosidade polo Street Fighter V teñen unha retransmisión de Rivarsal no canal de BCNFighters, onde repasa de forma xerar as diferencias do xogo fronte a outros como o Dragon Ball FighterZ ou Tekken.

Se tendes interese polo Dragon Ball FighterZ, a propia canle de BCNFighters ten algúns vídeos con consellos e guías nesta lista de reprodución:

Como xa comentabamos no vídeo do UNIST, da igual o que vos interese, xa que os propios xogos teñen ferramentas para axudarvos a aprender. Persoalmente, aconsello ter dúas cousas sempre en conta: intencionalidade e paciencia. Se machacades botóns e gañades ou realizades técnicas que non sabedes executar de forma consciente, non teredes ferramentas útiles en partida; soamente debedes realizar movementos intencionados.

Noutro lugar a paciencia tanto na partida como aprendendo é fundamental, non desesperedes e aprendede ao voso ritmo. Desexámoslle o mellor a este torneo e, sen dúbida, instamos a toda persoa interesada en acudir ao evento para que así o faga

Podedes anotarvos neste enlace: https://smash.gg/tournament/breofighters-i

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *