Actualidade O torneo de Fortnite de Lolito foi seguido por máis de 750.000 espectadores

O torneo de Fortnite de Lolito foi seguido por máis de 750.000 espectadores

Organizado polo popular streamer Lolito Fernández, Diamantes Brutos foi o evento en directo máis visto esta fin de semana en Twitch e en YouTube. Máis de 750.000 usuarios seguírono na plataforma morada, e 200.000 fixeron o propio na de Google. Os torneos de Fortnite seguen confirmándose como unhas das citas máis seguidas pola comunidade.

Máis de 20.000 euros foron repartidos en premios ao longo do sábado. A cita contou coa participación de xogadores profesionais por unha banda, e de influencers ou streamers por outro, formándose parellas aleatorias (previo sorteo) duns e outros. Lolito non conseguiu chegar á cifra do torneo organizado polo Rubius hai preto dun ano, que chegou a contar cun millón de espectadores simultáneos, pero o éxito foi máis que obvio.

A unión destes dous tipos de participantes demostrou ser unha boa forma de achegar novo público cara a Fortnite, aínda que a día de hoxe o título apenas necesite publicidade para ser recoñecido como un dos videoxogos máis representativos do planeta. O torneo conseguiu multiplicar por tres os espectadores diarios que está a ter o xogo de Epic en Twitch. Curiosamente, esta chamada de atención tamén pode ser interpretada como un golpe na mesa por parte de Fortnite e a súa comunidade cara a Apex Legends, que por primeira vez dende o seu lanzamento viuse superado en espectadores diarios por outro competidor.

Non é ningún segredo que dende Epic mírase con certo receo o repentino éxito do battle royale de Respawn Entertainment, o que derivou nun maior incremento do orzamento en publicidade por parte dos donos de Fortnite e mesmo a posibilidade de incorporar un sistema de reaparicións na Tempada 8 que está por chegar, da que por certo pódese conseguir de balde o Pase de Batalla se se completas unha serie de desafíos.

Epic Games xa tomou unha serie de medidas para tratar de reter á súa comunidade e atraer novos xogadores tras a chegada de Apex Legends.

 

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.