O vindeiro God of War non chegará ata 2022

Hai segredos a voces e logo tamén estaba ese que dicía que a continuación do último God of War de PlayStation 4 non sairía este ano. Sony Santa Monica acaba de lanzar un comunicado oficial no que explican que o seu próximo xogo atrásase ata o 2022.
O anuncio foi realizado en redes sociais e sinala que o estudio toma esta decisión para garantir a saúde dos seus empregados e das súas familiares. É de supoñer que a pandemia do coronavirus atópase detrás do anormal desenvolvemento, como na maioría de obras que se viron atrasadas ao longo destes meses.
Ademais, nun artigo publicado no bloue oficial de PlayStation, o máximo responsable de PlayStation Studios, Hermen Hulst, revelou que o xogo non só sairá en PlayStation 5, tal e como estaba previsto, senón que tamén contará cunha versión para PlayStation 4 e que, polo tanto, será un título interxeracional, como Horizon Forbidden West.
— Santa Monica Studio Is Hiring (@SonySantaMonica) June 2, 2021