O xogo de terror Lamentum logra sacar adiante o seu Kickstarter

Foron uns últimos días de enorme tensión para o estudio madrileño-sevillano ObscureTales, que vía que se podía quedar ás portas de lograr o financiamento para Lamentum, a súa primeira obra, pero o seu Kickstarter tivo un final feliz. O proxecto logrou recadar máis de 15.000 euros a través desta plataforma, e o seu terror pixel-art, de forte inspiración lovecraftiana, será unha realidade.
Lamentum is 100% funded on Kickstarter!
We have achieved it thanks to you!
Add Lamentum to your Steam wishlist: https://t.co/gjedNEDo2K
Lamentum demo: https://t.co/CSzsO0L4jX#pixelart #SurvivalHorror #HorrorGame #indiegame #2D #NintendoSwitch #Lamentum #Steam pic.twitter.com/jAbHLgSpLV
— Lamentum (@ObscureTales) July 27, 2019
Agora, os seus responsábeis teñen por diante a tarefa de continuar dando forma ao seu videoxogo e non demorarse no proceso. Lamtentum toma como punto de referencia aos grandes survival-horror da historia, como Alone in the Dark, Resident Evil e Silent Hill.
Contaremos con diferente armas, obxectos e estratexias á hora de afrontar os combates. Non sempre será esa a mellor idea: un bo agocho pode ser a mellor decisión para seguir vivos. O deseño das criaturas é, como amosan as diversas imaxes dos adiantos, arrepiante.
Se tes interese en probalo, podes descargar a demo de Lamentum para probar parte dunha aventura que ten previsto estrearse a finais de ano en PC e consolas.