O xogo valenciano Effie chegará a Steam a finais de xaneiro

Inverge Studios vén de anunciar que Effie chegará en formato dixital o próximo 28 de xaneiro, por un prezo de 19,99 euros, a Steam. O título viu a luz en xuño deeste ano para PlatStation 4, baixo a iniciativa PlatStation Talents.
A versión de PC está a ser rematada pola aceleradora de startups Lanzadera, pertencente ao hub Marina de Empresas. A obra valenciana sitúase como unha aventura de plataformas 3D que narra as aventuras de Galand, un home equipado cun poderoso escudo máxico pero maldicido coa vellez.