Actualidade Octopath Traveler dará o salto a PC este xuño

Octopath Traveler dará o salto a PC este xuño

Square Enix confirmouno. Octopath Traveler, o título que ata hoxe era exclusivo de Nintendo Switch e un dos seus xogos bandeira, tamén chegará a PC a través de Steam e da Square Enix Store. Hai uns días, filtrábase a posibilidade da súa chegada tras aparecer na listaxe do organismo de clasificación de idades en Corea do Sur. A compañía xaponesa chegou a poñer o anuncio no seu blogue oficial, aínda que logo decidiu eliminalo. Descoñécense os motivos, pero todo apunta a que a chegada á nova plataforma deste RPG é un feito.

Octopath Traveler definiuse como un dos JRPG desta xeración máis frescos e interesantes ao imitar un estilo de 32 bits pero aproveitar o potencial gráfico da actualidade en iluminación e fondos. Foi un dos maiores éxitos da consola híbrida de Nintendo. «Temos algunhas noticias moi emocionantes para os xogadores de PC. Octopath Traveler chegará a Steam o 7 de xuño de 2019! Así que, xa sabes, agrégao á túa lista de desexados dende xa. O aclamado xogo de rol só estaba dispoñible en Nintendo Switch, polo que esta será a primeira vez que os non usuarios de Nintendo poidan experimentar o xogo.», indicaba a entrada borrada por parte de Square Enix.

El apartado gráfico de Octopath Traveller bebe de fuentes pasadas, pero funciona enormemente bien.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.