Actualidade Octopath Traveller e NieR: Automata, principais novidades no Game Pass de marzo

Octopath Traveller e NieR: Automata, principais novidades no Game Pass de marzo

Dono dun Game Pass? Unha nova quenda de títulos chegará ao longo das próximas semanas ao servizo de Microsoft. Se xa se sabía que teriamos Undertale e Empire of Sin, agora a compañía de Redmond confirma a aterraxe de obras de enorme éxito como Octopath Traveller ou NieR: Automata.

Tamén se van da plataforma algúns. Hai que facer sitio. Estes son: Hyperdot, Journey to the Savage Planet e Machinarium. Deixarán de estar dispoñíbeis o 31 de marzo.

Sexa como for, a continuación tes a lista das obras que se incorporan ao catálogo. Ollo, como é habitual, non todas o fan para PC, nin todas o fan para consola:

  • Undertale – Xa dispoñíbel (Xbox One, Series X|S, Android e PC)
  • Empire of Sin – 18 de marzo (Xbox One, Series X|S, Android e PC)
  • NieR: Automata – 18 de marzo (PC)
  • Star Wars: Squadrons – 18 de marzo (Xbox One e Series X|S)
  • Torclight III – 18 de marzo (PC)
  • Genesis Noir – 25 de marzo (Xbox One, Series X|S e PC)
  • Octopath Traveler – 25 de marzo (Xbox One, Series X|S e PC)
  • Pillars of Eternity II: Deadfire – Ultimate Edition – 25 de marzo (PC)
  • Supraland – 25 de marzo (PC)
  • Yakuza 6: The Song of Life – 25 de marzo (Xbox One, Series X|S, Android e PC)
  • Narita Boy – 30 de marzo (Xbox One, Series X|S e PC)
  • Outriders – 1 de abril (Xbox One, Series X|S e Android)
Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Comentarios non permitidos
  1. […] nova chega logo de confirmarse a aterraxe doutros títulos third party no servicio este marzo, entre os que se atopan Octopath Traveller o NieR: […]