Actualidade Oddworld: Soulstorm celebra o seu lanzamento cun novo adianto

Oddworld: Soulstorm celebra o seu lanzamento cun novo adianto

A nova aventura de Abe xa é unha realidade. Oddworld: Soulstorm xa está dispoñible para PlayStation e PC (Epic Games Store). Paga a pena lembrar que se tes unha PlayStation 5, o xogo está incluído dentro do servizo PlayStation Plus.

O estudio responsable desta nova aventura celebrou o lanzamento dun novo tráiler que, a verdade, loce moi ben. Adiantada na súa narrativa a outras obras do seu tempo, a saga Oddworld é un símbolo máis que coñecido dentro da industria do videoxogo, que ofrece un relato diferente onde se mesturan conceptos como a política, a escravitude e a actualidade disfrazada de ficción.

Doutra banda, o 6 de xullo aparecerá a edición Collector Oddition de Oddworld: Soulstorm, figura incluída. Para Switch chegará o 27 de maio un recompilatorio baixo o nome Oddworld: Collection, que inclúe New ‘n’ Tasty, Munch’s Oddysee e Stranger’s Wrath no mesmo cartucho.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.