Oddworld: Soulstorm será exclusivo da Epic Games Store en PC

Após un tempo sen ofrecer novos detalles, Oddworld Inhabitants romperon o seu silencio para sinalar que Oddworld: Soulstorm será un exclusivo da Epic Games Store na súa versión de PC.
A message from Lorne: pic.twitter.com/uAvS53i156
— Oddworld (@OddworldInc) August 19, 2019
«Financiamos Soulstorm ao 100 %. É o noso xogo máis ambicioso e estamos comprometidos para crear un gran título que alcance o noso nivel máis alto de calidade. Pero para crear a visión de Soulstorm que queremos, e que vos merecedes, necesitamos máis axuda económica. Epic axúdanos a lograr esta meta», sinálase no último parágrafo do comunicado. Os responsables xustifican unha decisión que, na práctica, non resulta estraña debido ao apoio dos donos de Fornite.
O título arribará no mercado ao longo do próximo ano 2020, aínda que sen determinar unha data máis concreta. Ademais de para PC, tamén chegará para PlayStation 4 e Xbox One.