Ori and the Will of the Wisps completa o seu desenvolvemento e alcanza a fase Gold

Precioso, impresionante e máxico. Son algúns dos adxectivos que encaixan perfectamente con Ori and the Will of the Wisps, o título de Moon Studios anunciado durante a conferencia de Xbox no E3 do ano 2017. A secuela do afamado Ori an the Blind Forest, alcanzou un dos puntos álxidos do desenvolvemento dun videoxogo: a fase Gold. Isto significa que o xogo xa se atopa listo para pasar á fase de produción e distribución, dando por finalizado o seu desenvolvemento.
O traballo dos desenvolvedores de Moon Studios tivo as súas dificultades, xa que Ori and the Will of the Wisps sufriu un atraso no seu lanzamento. A súa chegada estaba prevista para o 11 de febreiro, con todo, decidiuse que o máis adecuado sería trasladar a data ao mes seguinte, ao 11 de marzo.
O first party de Microsoft pertencente á división de Xbox Game Studios chegará a Xbox Game Pass, Xbox One e PC de forma simultánea. Se todo transcorre segundo o marcado no calendario, o día 11 poderemos gozar dun metroidvania no que as plataformas son parte fundamental das mécanicas mentres somos acompañados por un estilo artístico inigualábel.