Actualidade Os autores de Amnesia adiantan detalles sobre a súa nova obra

Os autores de Amnesia adiantan detalles sobre a súa nova obra

Frictional Games avanza a ritmo lento pero seguro. O equipo responsábel da saga Amnesia leva tempo sen dar sinais de vida e mantén en absoluto secreto o desenvolvemento do seu novo proxecto. Agora, a súa páxina web actualizouse cun novo deseño, quizais ante a inminente idea de dar a coñecer o seu futuro xogo.

Despois de SOMA, o estudo simplemente recoñeceu que o seu novo xogo sería terrorífico, pero pouco máis sabemos sobre el. A web oficial chámase agora NextFrictionalGame.com , seguindo a mesma estratexia utilizada con Amensia: A Machine for Pigs ou o xa amentado SOMA.

Un pequeno punto de luz sobre un fondo negro, escuridade total. É a única pista. Desvelaranse pronto máis detalles? É de supoñer que si.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.