Os clásicos Aladdin e O Rei León chegarán á actual xeración remasterizados

De acceso restrinxido, a GME COnference 2019 de GameStop está a ofrecer diversas e suculentas novidades. A través dunha filtración, sóubose que os clásicos de Mega Drive e SNES, Aladdin e O Rei León, terán unha remasterización en HD para PlayStation 4, Xbox One e Nintendo Switch.
O anuncio apareceu en Twitter estas últimas horas, para deespois ser confirmado por GameXplain e publicar unha imaxe obtida durante a conferencia, na que se ven as copias físicas desta revisión.

Imaxe filtrada da conferencia e o anuncio.
Doutra banda, unha fonte de Gematsu tamén aseguraba que a información é real, e que se poderá gozar destes títulos na resolución orixinal ou en 1080p, ademais de ofrecer algunhas funcións novas, como o rebobinado ou o salto instantáneo a calquera parte do xogo, ademais dun modo automático que supera calquera zona.
E para PC? Nada se sabe sobre iso, aínda que é probábel que se ofrezan novos detalles máis pronto que tarde. Ademais, tampouco se sabe que versión escollerán para facer o traballo de adaptación, a de Mega Drive ou a de Super Nintendo.
[…] idea de que mellore a dixestión. Disney’s Aladdin e O Rey León, clásicos virtuais dos 90, chegarán remasterizados, nun principio, ao longo deste outono ás actuais consolas. É unha boa nova, por que non? Está por […]