Os coruñeses Akkad Estudios publican a súa nova aventura gráfica

Os coruñeses Akkad Estudios publican a súa nova aventura gráfica

En busca de un legado é o nome co que Akkad Estudios bautizou a súa nova obra. Nesta aventura gráfica de aroma clásico, Dery Marlon, un mozo vagabundo que se acaba de instalar nun campamento a fóselas da cidade de Zippar, recibe unha misteriosa carta na que un home lle lega gran parte da súa herdanza.

Unha premisa sinxela pero que desencadeará unha viaxe por todo o reino de Arval, na procura de coñecemento sobre ese enigmático home, Feyer Golesh, e os motivos polos que quere deixarlle en herdanza a súa riqueza. Unha aventura gráfica na que amor, traizón, misterio e un chisco de humor mestúranse e achegan un misterio por revelar.

«O noso é un proxecto que nace da pasión por un xénero, as aventuras gráficas, que nos parecen o xénero para contar as historias que queremos contar por excelencia. Somos unha compañía moi humilde que se dedica a elo por pura pasión e coa idea de ofrecer aventuras que podan entreter aos xogadores e tamén contarlles unha historia a través dos quebracabezas», explican Manel Fernández e Alejandro Fandiño, responsábeis de En busca de un legado. «Sobre a nova aventura, agardamos que os xogadores se divirtan con ela, que pasen un bo rato. Cremos que hai moita variedade de quebracabezas e retos no xogo, máis que noutras aventuras anteriores nosas. Tamén a historia é interesante, que interesará a mezcla de aventura, amor e humor que trae consigo, e así poder desvelar o enigma co que se inicia o xogo»

Ao longo do xogo, é posíbel interactuar con máis de 20 personaxes distintos e percorrer máis de 30 escenarios. E… ¡de balde! Pódelo descargar aquí mesmo.

Editor

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Artigos relacionados