Os creadores de Outlast presentan novo proxecto
Non é casualidade que nunha xornada que invita o terror a entrar nas nosas casas, Red Barrels aproveite a ocasión para amosar o primeiro adianto do seu novo proxecto, do que ofrecerán máis detalles moi pronto.
Os creadores de Outlast e Outlast 2 son xa unha marca coñecida dentro da industria do videoxogo após rexuveneceren o xénero survival horror. Abonda unha soa imaxe para crear expectación tal e como demostran os miles de comentarios que a súa publicación en Twitter están provocando. O texto que acompaña a ilustración reza «Onde remata a liberdade».
Announcement coming soon. pic.twitter.com/oZIKMCFHLp
— Red BOO-rrels ? (@TheRedBarrels) October 31, 2019
Por certo, o Outlast 2 estará dispoñíbel este mes dentro do servizo PlayStation Plus.