Os desenvolvedores de Streets of Rage 4 queren crear novo contido para o título

Os desenvolvedores de Streets of Rage 4 queren crear novo contido para o título

Novo contido para o regreso dos anos noventa. O trío desenvolvedor de Streets of Rage 4 confirmou que o título recibirá novo contido, malia que se descoñece en que momento chegará nin en que consistirá exactamente.

«Non decidimos nada, pero temos toneladas de ideas e tamén vos estamos escoitando» asegurou Cryrille Imbert, director executivo e produtor de Dotemu. Cuestionados acerca dunha futura sequela, desde os estudios amósanse conservadores xa que lles «gustaría enfocarnos primeiro en Streets of Rage 4».

Namentres isto ocorre, desde Lizardcube, Guard Crush e Dotemu tamén sinalan que se atopan traballando en tres proxectos similares, mais aínda non se anunciaron, polo que haberá que agardar para coñecernos máis novidades.

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.

Artigos relacionados