Actualidade Os primeiros goles do FIFA 19 chegarán nunha semana

Os primeiros goles do FIFA 19 chegarán nunha semana

EA Sports acaba de anunciar cando estará dispoñible a versión de proba de FIFA 19 en PC, PS4 e Xbos One. En menos de sete días, poderemos gozar nas mentadas plataformas desta demo, sendo o 13 de setembro o día elixido para invitar a todos os xogadores do mundo a que fagan os seus primeiros toques de balón nesta nova edición do simulador de fútbol máis famoso da historia.

Polo momento, non se fixeron públicos os clubs e seleccións, nin estadios nin modos, que estarán dispoñibles neste achegamento xogable.

Nesta versión de proba, os usuarios poderán probar as novas mecánicas introducidas este ano, entre as que cabe destacar o Active Touch System, co que o xogador poderá ordenar ao futbolista como recibirá a pelota.

Fóra de toda dúbida, FIFA 19 converterase nun éxito de ventas de non ser que nos convertamos en testemuñas dalgún cataclismo. Co seu último título, EA logrou vender máis de 24 millóns de copias en todo o mundo, mentres que FIFA Mobile xa sobrepasou as 193 millóns de descargas.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.