Os responsábeis de Auto Chess traballan nun MOBA para móbiles

Os responsábeis de Auto Chess traballan nun MOBA para móbiles

O ciclo da vida é  nalgunhas ocasións ben curioso. De mod de MOBA para agora volver a ser un… MOBA? Auto Chess, o título que naceu como un mod de DOTA 2 e inaugurou un novo xénero competitivo, homónimo para algúns e chamado autobattler para outros, ameaza agora con recibir un spin-off como MOBA para dispositivos móbiles.

Drodo e Dragonest, responsábeis de Auto Chess, confirmaron a súa intención de volver ao escenario inicial do que partiron, ao posuír as claves básicas para a súa concepción: personaxes, skins e unha boa suma de obxectos e combinacións que os xogadores xa aprecian e identifican.

O proxecto semella que xa está bastante avanzado e chegará máis pronto que tarde. Contará, como co título de Valve, un ciclo de día e noite que afecta á visibilidade e tamén a posibilidade de destruír a contorna, características xa aplicadas en DOTA 2.

O seu rival directo será a versión móbil de League of Legends, o exitoso Wild Rift. Chegará nun momento no que tamén Pokémon Unite quererá buscar o seu oco no mercado. A data para a estrea oficial deste último continúa sendo unha incógnita. Haberá sitio para todos?

Editor

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Artigos relacionados