Os responsábeis de Left 4 Dead presentan Back 4 Blood, pura acción cooperativa
Por fin Turtle Rock falou por extenso sobre Black 4 Blood, o seu novo título cooperativo despois de Left 4 Dead. De novo, os disparos e os zombis presentaranse como os protagonistas absolutos. Máis acción, máis personaxes, máis misións e… máis sangue. Produce Warner Bros. Interactive Entertainment e hai data: 22 de xuño de 2021.
Foi a deste título unha das presentacións máis longas da noite. Houbo tempo para ver un tráiler cinemático, unhas palabras dos seus creadores e, finalmente, ofrecer gameplay puro. Quedou ben claro que teremos que matar moitos zombis, moitos monstros e que o poderemos facer en compañía a través de escenarios varios e diversos.
Chegará o vindeiro ano para PS5 e Xbox Series X, pero tamén para PS4 e Xbox One. En PC estará dispoñible a través de Steam e Epic Games Store.