Actualidade Os títulos de Quantic Dream chegarán a Steam en xuño

Os títulos de Quantic Dream chegarán a Steam en xuño

As exclusividades temporais teñen unha data límite e as das obras de Quantic Dream están a piques de chegar a súa fin. Tal e como anunciou o estudio francés, Heavy Rain, Beyond: Two Souls e Detroit: Become Human deixarán de forma parte de forma exclusiva do catálogo de Epic Games Store. A publicación da demo de Beyond: Two Souls en Steam xa indicaba que o fin da exclusividade estaba por chegar e foi o equipo de desenvolvemento o encargado de confirmar que o 18 de xuño chegarán as súas tres últimas obras á plataforma de Valve.

Os xogos da compañía caracterízanse por poñer o foco sobre a trama, a cal poderá ir cambiando en función das nosas decisións, xa sexa a través de Quick Time Events ou tendo que escoller diferentes opcións de diálogo. Quantic Dream sempre apostou pola captura de movementos nos actores para poder transmitir da mellor maneira posible as situacións que se viven nos seus videoxogos. Tal é o caso de Beyond: Two Souls que conta cun dos repartos máis potentes da industria do videoxogo, con actores ben recoñecidos, como Willem Dafoe ou Ellen Page.

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.