Os tres primeiros xogos de Dragon Quest chegarán a Switch

Por primeira vez, as xentes de Occidente poderán gozar de tres clásicos da franquía Dragon Quest. Square Enix confirmou que as tres primeiras entregas desta saga chegarán a Nintendo Switch o próximo 27 de setembro. Trátase dun lanzamento histórico, xa que ningún destes episodios vira a luz nas nosas terras.
As tres obras serán adaptadas e localizadas ao inglés, acendendo unha máquina do tempo que amosa a orixe dunha das marcas de JRPG máis importantes e famosas do globo. O primeiro xogo lanzado baixo o paraugas creativo de Yūji Horii, como director principal; Akira Toriyama, como deseñador de personaxes; e KoichiSugiyama, como compositor da banda sonora; viu a luz no ano 1986, fai xa máis de tres décadas.
A última entrega numérica que viu a luz foi a de Dragon Quest XI, que foi recibindo diversas versións, e que está endente aínda da súa saída en Switch, lanzamento que se producirá o mesmo día que cheguen os seus antepasados.
Find out where it all began – the first three #DragonQuest games are coming to North America, and for the first time on console in Europe, on #NintendoSwitch!
You can start with any of the three games, so get ready for classic adventures from September 27th. pic.twitter.com/iPklL1k0uv
— DRAGON QUEST (@DragonQuest) September 16, 2019