Os usuarios cargan contra DOOM Eternal en Steam tras a implantación de Denuvo
Após unha estrea colosal, DOOM Eternal apareceu entre os títulos mellor valorados do 2020, unha obra violenta e brutal, mostra perfecta da capacidade de id Software para manter viva unha franquía lendaria. Por desgraza, as novidades que chegaron na súa última actualización non gustaron aos xogadores, que comezaron a votar negativamente e de forma masiva o xogo en Steam. En poucas palabras: un novo review bombing.
Por que agora? Na práctica, o punto máis negativo da actualización sitúase no engadido de Denuvo, o famoso sistema de antipiratería en PC, que provocaría unha caída no rendemento xeral do título. DOOM Eternal conta con máis de 50.000 recensións, cinco mil delas foron rexistradas ao longo do últimos tres días, todas negativas. Antes do parche o título só contaba con 107 comentarios desta clase.
No caso específico de DOOM Eternal, Denuvo foi implementado como un anti- cheat debido ao seu modo multixogador, Battlemode, un complemento á campaña principal. Para desgraza dos xogadores, non podes instalar un sen o outro, polo que o modo historia tamén será afectado. Non poucas voces definen este sistema antipiratería case como un malware, debido ao enorme acceso de datos que se lle outorga unha vez instalado.