Actualidade
Os usuarios de Xbox 360 poderán ter as súas partidas na nova xeración sen custo algún
Novo paso cara adiante por parte de Microsoft para facilitar o acceso a Xbox Series X/S. Tal e como confirmou a compañía a través dunha entrada no seu blogue, os usuarios de Xbox 360 terán acceso de balde ao sistema de almacenamento na nube. Isto quere dicir que poderán transferir as partidas gardadas entre xeracións, facilitando e axudandolles os xogadores á hora de mudar de consola.
Até este momento, este servizo tan só estaba dispoñíbel a través dunha subscrición a Xbox Live Gold ou Xbox Game Pass Ultimate, pero non será necesaria para os xogadores de Xbox 360.