Actualidade Os xenomorfos ampliarán o seu universo nos videoxogos con Alien Dark Descent

Os xenomorfos ampliarán o seu universo nos videoxogos con Alien Dark Descent

Focus Entertainment e Tindalos Interactive presentaron durante o Summer Game Fest un novo xogo chamado Alien Dark Descent. A presentación en sociedade chegou acompañada dun tráiler e moi pouca información, alén de sabermos que chegará no 2023 para PS4, PS5, Xbox One, Xbox Series X e S e PC.

Se ben non temos gameplay aínda, os seus creadores confirman que o xogo beberá das mecánicas dos Diablo, un título realmente inexplorado dentro do universo Alien.

 

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.