Actualidade Os xogadores de GTA Online sofren o aumento de hackers nos servidores

Os xogadores de GTA Online sofren o aumento de hackers nos servidores

Se non fose porque podemos consultar o calendario, todo indicaría que estariamos no ano 2013 após o lanzamento de GTA V. O título de Rockstar foi lanzado a semana pasada na Epic Games Store como un dos xogos gratuítos e así estará dispoñíbel até o vindeiro 21 de maio. A avalancha de xogadores que decidiron volver a Los Santos ou visitala por primeira vez chegou a colapsar os servidores da tenda de Epic Games, o que demostra o constante bo momento de forma que vive o xogo.

Porén, parece ser que un dos problemas máis difíciles de erradicar en GTA Online continúa presente. Os hackers regresaron con máis forza que antes e dedican o seu tempo a molestaren ao resto de xogadores, enchendo as partidas públicas coa aparición de avións, forzando a caída dos servidores ou atrapando aos xogadores en gaiolas.

Was having some fun online when suddenly… My character decided to merge with a Ferris Wheel… hahaha. from GTAV

Malia que Rockstar pode eliminar as súas contas do xogo, o máis probábel é que estean a crear novas contas para poder obter o xogo de forma gratuíta unha vez máis. Esta problemática non só afecta o apartado multixogador senón que moitos usuarios notificaron que os hackers son capaces de amolar durante as súas sesións individuais.

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.