Zona retro
Os xogos de NES e SNES chegarán a Switch Online sen unha periodicidade fixa
A chegada de vinte títulos de Super Nintendo a Switch Online tamén trouxo un anuncio negativo. Sexan xogos de NES ou de SNES, Nintendo xa non promete actualizar o seu catálogo de clásico cada mes, como fixera ata o de agora
A páxina oficial de Nintendo ofrece un escrito que explica que os xogos clásicos seguirán chegando, dunha e outra plataforma, pero farano de maneira irregular, cando a compañía queira, sen seguir un calendario concreto ou previsible.
A día de hoxe, calquera que se subscriba ao servizo de Switch Online poderá gozar dun extenso catálogo de xogos clásicos sen custo algún, alén aló do prezo da plataforma en liña.
Moitas grazas por non poñer un titular incendiario para gañar clics como (por desgraza) si fan outros medios importantes. Moi boa información.
A ti por ler e comentar! Apertas