Zona retro Os xogos de NES e SNES chegarán a Switch Online sen unha periodicidade fixa

Os xogos de NES e SNES chegarán a Switch Online sen unha periodicidade fixa

A chegada de vinte títulos de Super Nintendo a Switch Online tamén trouxo un anuncio negativo. Sexan xogos de NES ou de SNES, Nintendo xa non promete actualizar o seu catálogo de clásico cada mes, como fixera ata o de agora

páxina oficial de Nintendo ofrece un escrito que explica que os xogos clásicos seguirán chegando, dunha e outra plataforma, pero farano de maneira irregular, cando a compañía queira, sen seguir un calendario concreto ou previsible.

A día de hoxe, calquera que se subscriba ao servizo de Switch Online poderá gozar dun extenso catálogo de xogos clásicos sen custo algún, alén aló do prezo da plataforma en liña.

Tamén se puxeron á venda uns Joy-Con que imitan os mandos clásicos de SNES.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Comentarios non permitidos
    • Alexil92
    • En: 08 de Setembro de 2019

    Moitas grazas por non poñer un titular incendiario para gañar clics como (por desgraza) si fan outros medios importantes. Moi boa información.

      • Carlos Pereiro
      • En: 08 de Setembro de 2019

      A ti por ler e comentar! Apertas