Os xogos de MS-DOS remanecen en PC Classic

A moda das consolas e os seus modelos en miniatura parece chegar tamén a PC. A empresa Unit-e creou PC Classic, unha nova máquina de tamaño reducido cun aspecto que simula as antigas torres dos computadores de sobremesa que algúns puidemos gozar fai un par de décadas. Incluirá ata trinta xogos MS-DOS.
A nostalxia demostra cada día que pode ser unha boa aliada para animar o mercado. PC Classic posuirá dous portos USB, un lector de tarxetas SD, así como unha saída de son e vídeo tipo HDMI. Unit-e aínda non achegou unha listaxe de xogos definitiva, aínda que si aclarou que ofrecerá unha plataforma dixital para que os xogadores poidan facerse con máis títulos nun futuro. A pequena consola tamén incluirá un mando.
O seu prezo roldará os 90 euros, e é posible que conteña xogos como Doom, Jill of the Jungle o Commander Keen 4.