Os zombis toman o mundo no novo World War Z

Saber Interactive vén de estrear World War Z, un shooter coopeerativo inspirado na famosa película de acción Guerra Mundial Z, protagonizada polo actor Brad Pitt. O título está dispoñible dende hoxe en PlayStation 4, Xbox One e PC (Epic Games Store). Coa lendaria canción War, interpretada orixinalmente por The Temptations e agora por Black Stone Cherry, chega o tráiler de lanzamento.
Creado co motor gráfico Swarm Engine , World War Z liberará centos de veloces zombis sedentos de carne humana, coa capacidade de atacar en numerosos e perigosos grupos para pór en xaque aos xogadores. Poderemos escoller entre seis clases diferentes e un completo arsenal de armas de fogo, explosivos e trampas para conter a ameaza e lograr sobrevivir un día máis para ver un novo amencer.
O título de Saber Interactive promete acción frenética en diferentes escenarios de todo o mundo, incluíndo Moscova, Tokio ou Nova Iorque. Ollo, porque non só son os mortos os inimigos. Tamén teremos opoñentes humanos controlados por xogadores grazas á cara competitiva do xogo por equipos: Players vs Players vs Zombis.
Ten moi boa pinta, pero o de que sexa na Epic Games Store…
De todos modos, L4D2 xa era un gran xogo (e o segue sendo), non sei se este estará ó mesmo nivel…