Actualidade Outer Wilds fixa a súa data de lanzamento en Steam

Outer Wilds fixa a súa data de lanzamento en Steam

O xenial xogo de Mobius Digital, publicado por Annapurna, xa ten data de lanzamento en Steam. Cando? Chegará o próximo 18 de xuño de 2020. A aventura espacial e de resolución de quebracabezas chega á plataforma de Valve após cumprir a súa exclusividade con Epic Games Store por un ano.

Se non o coñeces, dicir que Outer Wilds é unha obra de exploración en primeira persoa na que percorremos un sistema solar que se ve atrapado nun bucle temporal de 22 minutos. Neste contexto de ciencia ficción deberemos resolver unha serie de misterios.

Tamén está dispoñíbelpara Xbox One —incluído dentro do Xbox Games Pass— e en PlayStation 4.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.