Outriders suma un novo adiamento na súa data de lanzamento
Todo aquel que estea a agardar pola chegada do Outriders deberá iniciar o 2021 cunha pequena decepción. Os resposnábeis do novo xogo de People Can Fly e Square Enix anunciaron un atraso na data de lanzamento prevista. Non é o primeiro, pois o título estaba destinado a saír a finais de 2020, para daquela ser movido ata febreiro. Necesitan un mes máis.
A nova data para o lanzamento de Outriders queda fixada para o vindeiro 1 de abril. E non, non é unha brincadeira, tal e como explica o estudio —coincide coa celebración do April’s Fools Day—. Algunha boa noticia? Por sorte, si. A compañía tamén confirmou que o 25 de febreiro publicará unha demo gratuíta do xogo para que os usuarios poidan ir probando o título e comprobar que atoparán o día de mañá. Isto permitirá coñecer as primeiras horas da aventura, coñecer as catro clases dispoñibles e xogar en solitario ou en cooperativo.
An important update regarding Outriders. pic.twitter.com/HHZrq5GIik
— Outriders (@Outriders) January 6, 2021