Overwatch 2 verá a luz este outubro e será un título free-to-play

Overwatch 2 verá a luz este outubro e será un título free-to-play

É posíbel que a saída de Overwatch 2 como un título free-to-play tal e como foi confirmado onte no Xbox Showcase sexa a primeira mostra da man de Microsoft no xeito de facer as cousas de Activison-Blizzard. Así é, a continuación do famoso multixogador estará presente nas diferentes plataformas den pagar un can.

Non é a única nova. Overwatch 2 chegará o vindeiro 4 de outubro, intre no que poderemos xogalo como un early access —e é de supoñer, pensando no tipo de xogo que é, que así estará un bo tempo—. Doutra banda, aparece unha nova personaxe chamada Junker Queen, presentada xunto co resto de caras coñecidas e un pouco de gameplay.

Editor

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Artigos relacionados