Actualidade Paper Mario: The Origami King chegará en xullo a Nintendo Switch

Paper Mario: The Origami King chegará en xullo a Nintendo Switch

Hai xa unhas semanas que existían rumores de que Nintendo estaba a preparar unha serie de grandes lanzamentos do noso fontaneiro favorito, coincidindo co 35 aniversario da franquía. Un dos títulos que se atopaba á vista era novo título da saga Paper Mario e finalmente xa é oficial. Paper Mario: The Origami King é o nome do xogo que chegará para Nintendo Switch o vindeiro 17 de xullo.

Resolver quebracabezas, desbloquear novas localizacións e un sistema de combate por quendas baseado en aneis son algunhas das características claves da volta da versión de papel de Mario. Poderemos ter un compañeiro co que vivir a aventura que nos agarda, todo iso con chiscadelas a outros xogos de Nintendo, coma ARMS ou Metroid.

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.