Para cando Red Dead Online?

Para cando Red Dead Online?

É unha das preguntas máis recorrentes entre todos aqueles que continúan montando a cabalo polas terras creadas por Rockstar. Cando poderán facelo en compañía? Aínda que o estudio americano nunca chegou a ofrecer unha data exacta dende a saída do seu último xogo, todo parece indicar que o modo en liña estará dispoñible máis pronto que tarde.

Red Dead Online tiña previsto o seu lanzamento a finais de novembro, e aínda que o mes está por rematar, non se sabe nada novo sobre este tema. Nada? Quizais algunhas cousiñas si. A principal proba de que xa hai xogadores pululando polos servidores do título de vaqueiros é que algúns conseguiron logros asociados a esta parte cooperativa, polo que se dá a entender que Rockstar puxo en marcha algún tipo de beta privada ou pechada.

Sen ningunha confirmación por parte dos seus directivos, só queda claro que algúns afortunados xa están a cabalgar en compañía e que probablemente este modo de xogo non tarde en lanzarse ao gran público. Ou polo menos iso quere crer o que escribe.

 

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Comentarios non permitidos
  1. […] antes falamos, antes ocorre. Se onte Morcego daba xa conta da chegada inminente do modo en liña de Red Dead Redemption 2, apenas unhas horas despois Rockstar confirmaba as datas oficiais nas que […]