Paradox Interactive anuncia Surviving the Aftermath
Paradox Interactive, estudio coñecido polo seu bo facer dentro das obras de simulación, acaba de anunciar Surviving the Aftermath, un novo capítulo dentro da súa serie coa supervivencia como base.
Ambientado nunha castigada Terra, o futuro título ofrecerá a experiencia de construír unha colonia e sobrevivir nas condicións extremas que arrasan o noso planeta. A compañía sinala que pronto darán máis detalles, aínda que a súa data de lanzamento está fixada para finais de 2020 en PC, PlayStation 4 e Xbox One. Iso si, chegará máis pronto que tarde en forma de acceso anticipado á Epic Games Store e Xbox Games Preview.
Como curiosidade, lembra que Surviving Mars, o primeiro capítulo deste tipo por parte de Paradox, poderase comprar con custo cero na tenda de Epic, esta semana, incluíndo o seu DLC Space Race.