Path of Exile 2 adianta novidades e gameplay
Grinding Gear Games fíxoo público: Path of Exile 2 está en desenvolvemento e sitúase como unha das continuacións máis desexadas da actualidade, ao funcionar como un substituto de Diablo de enorme validez. O videoxogo ampliará a experiencia de xogo cunha nova campaña de sete actos que ampliarán a historia do título orixinal.
Sen data de lanzamento aproximada, os seus responsables cren que a beta comezará antes de finalizar 2020, aínda que é pronto para precisalo.
Seguindo as palabras de Grinding Gear, Path of Exile 2 será unha obra con dúas campañas, xa que os seus contidos distribuiranse entre o modo historia e todos os contidos descargábeis que vaian aparedendo.
Que outras novidades atoparemos na continuación amais dunha nova narración? Melloras no motor gráfico, un novo sistema de habilidades ou clases de ascenso, entre cousas. En total, haberá 19 novas clases de ascendencia, cada unha delas coa súa árbore de habilidades de seu. Doutra banda, tamén existe un renovado sistema de xemas para potenciar as habilidades dos personaxes, cuxas xemas de apoio inseriranse agora directamente nos ocos de xemas de habilidade. Esta mecánica foi implantada para «eliminar moitas frustracións presentes na versión orixinal pero conservando a profundidade»