Actualidade Pathfinder: Kingmaker recibe unha tradución ao castelán grazas á comunidade

Pathfinder: Kingmaker recibe unha tradución ao castelán grazas á comunidade

Conseguir unha boa tradución dos videoxogos para todas as rexións permite a unha maior audiencia gozar das obras máis relevantes. E nunca é tarde para facelo, tal e como foi o caso de Pathfinder: Kingmaker. O RPG de fantasía vén de recibir unha tradución ao español por parte dun grupo afeccionados, concretamente a comunidade de Clandlan.

A resposta por parte dos seguidores foi tremendamente positiva, con varios picos de 5.000 xogadores simultáneos en Steam. Este labor comezou a finais do 2018 e agora dá os seus froitos. Porén, en 2019 anunciouse a súa secuela, Pathfinder: Wrath of the Righteous, que grazas ao seu financiamento en Kickstarter contará tamén con tradución ao castelán.

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.