PayDay 3 confirma que continúa có seu desenvolvemento e aporta novos detalles

PayDay 3 confirma que continúa có seu desenvolvemento e aporta novos detalles

A terceira entrega da franquía de PayDay volve dar os seus primeiros sinais de vida logo de moito tempo. A desenvolvedora Starbreeze confirmou que o título se atopa agora mesmo na fase de deseño, cunha xanela de lanzamento prevista entre o 2022 e o 2023.

O estudio atravesou unha gravísima crise financeira que case acaba coa desaparición do mesmo. Após recuperarse desa situación, os traballadores puxeron as súas esperanzas en PayDay 3, o cal tamén confirmou que fará uso do motor gráfico Unreal Engine, sen especificar se se tratará do 4 ou do 5.

Sen ningún tipo de microtransacción implementada, Starbreeze compartiu a primeira imaxe do título para todos os seus seguidores, confirmando que o bo rumbo que tomaron para levar a cabo o proxecto.

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.

Artigos relacionados