Actualidade Persona 5 Royal chegará traducido ao castelán

Persona 5 Royal chegará traducido ao castelán

Atlus, a desenvolvedora da aclamada saga Persona, abre as portas á incorporación de novas opcións referidas ás linguas. Por primeira vez na historia da saga,  Persona 5 Royal estará dispoñíbel totalmente subtitulado nos seguintes idiomas: inglés, francés, italiano, alemán e castelán.

Trátase dun paso relevante, xa que non eran poucos os usuarios de PlayStation que dicían non poder acceder á saga por medo a non dar seguido a historia en inglés. Sen dúbida, unha oportunidade máis que interesante de poder gozar dun dos grandes títulos desta xeración.

«Estamos encantados de lanzar Persnoa 5 Royal ao mercado con aínda máis idiomas, ampliando a experiencia de xogo a todos os nosos seguidores de fala francesa, italiana, alemá e castelá en todo o mundo», explica Jon Bailey, director de Atlus.

O xogo será lanzado vindeiro 31 de marzo de 2020, en exclusiva para a consola de Sony.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.