Phasmophobia confirma o seu éxito tanto en Twitch como en Steam
De éxito insospeitado en éxito insospeitado, e así chega a quenda de Phasmophobia. Após a chegada de Fall Guys e o rexurdir de Among Us, o novo título que está a copar as listas de xogos máis vendidos e vistos en Twitch é Phasmophobia, a obra de Kinetic Games que nos permite entrar na pel duns parapsicólogos.
Dispoñíbel unicamente en PC durante a súa fase de acceso anticipado, o xogo permíte compartir partidas con tres xogadores máis para lograr detectar espíritos e entes para así demostrarmos a súa existencia. O mes de Halloween impulsou o crecemento de Phasmophobia, que congrega até 87.146 xogadores conectado asemade, aínda lonxe de Among Us, con 329.325 usuarios.
Onde tamén consegue manter cifras importantes é en Twitch, gozando dunha media de 67.793 espectadores duranta a última semana, posicionándose por diante doutras obras como World of Warcraft, Dota 2 ou Valorant.