Phil Spencer «repensará» a relación de Xbox con Activision após as alegacións contra Bobby Kotick

Phil Spencer «repensará» a relación de Xbox con Activision após as alegacións contra Bobby Kotick

A través dun correo electrónico dirixido aos seus traballadores, Phil Spencer, xefe e cara máis coñecida de Xbox, asegurou estar «repensando todos os aspectos da relación» que a súa compañía mantén con Activision Blizzard logo das acusacións publicadas hai uns días contra Bobby Kotick, CEO desta última.

A información foi publicada por Bloomberg e, aínda que o documento non especifica que tipo de aspectos mudará ou estudará cambiar, engade que tanto Spencer como a directiva da división de xogos estarían «desgustados e profundamente preocupados» pos os últimos acontecementos.

Jim Ryan, de PlayStation, tamén falou do seu malestar coa situación actual, comunicando de xeito interna que «Activision non fixo o suficiente para facer fronte a unha cultura de discriminación e acoso moi arraigada». En poucas palabras, semella que Activision Blizzard está a quedar sen amigos dentro da industria, e ninguén quere estar preto agora mesmo nin do seu nome nin dos seus asuntos.

Sexa como for, a idea de destituír dunha vez a Kotick non é só un comentario externo. A organización de traballadores ABetterABK compartiu un documento asinado por máis de 2.000 desenvolvedores que, co seu nome, apelido e posto na organización, esixindo a marcha de Kotick. «Nós, os asinantes, non temos xa confianza no liderado de Bobby Kotick como CEO de Activision Blizzard», aparece escrito na carta conxunta, e continúa dicindo que «as diferentes informacións que saíron á luz sobre o seu comportamento e as súas prácticas á hora de dirixir a compañía actúan en contra da cultura e a integridade que requirimos nun líder e directamente ataca as iniciativas postas en marcha polos nosos compañeiros».

Porén, desde Activision Blizzard os comunicados lanzados seguen a defender o seu CEO, alegando que respectan todos os comentarios e o seu compromiso a debater o que haxa que debater, asegurando que a compañía está comprometida co labor de garantir unha cultura e un lugar de traballo seguro.

Editor

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Artigos relacionados