Platinum Games presenta Project G.G., o segundo xogo de Platinum 4
Project G.G. é o nome do segundo título de Platinum Games, correspondente ao proxecto Platinum 4. Após o anuncio do lanzamento dunha campaña de Kickstarter para financiar a remasterización de The Wonderful 101, agora chégalle o momento a este título completamente novo. O xogo xa se atopa en desenvolvemento baixo a supervisión de Hideki Kamiya, pai de obras como Okami, Bayonetta ou Resident Evil 2.
Este xogo pechará a triloxía do heroe presentada por Kamiya cos seus anteriores títulos, Viewtiful Joe e The Wonderful 101. Para definir o que nos espera, Atushi Inaba, xefe do estudio, dixo que «Project G.G. é un título dun heroe xigante». Malia que non están confirmadas as plataformas de lanzamento, desde Platinum Games pretenden que chegue a todos os dispositivos posíbeis.
A chegada deste xogo supón un paso máis para a autopublicación de xogos por parte de Platinum Games. Con este anuncio, tan só quedan dúas obras máis por coñecer do famoso Platinum 4.
"Project GG" by Hideki Kamiya is the next project from PlatinumGames, revealed in Famitsu. The last entry of the "Hero Trilogy," which seems to be referring to Viewtiful Joe and The Wonderful 101 as the other two https://t.co/tPsn6VwFZs pic.twitter.com/PMsDz5Ii9I
— Wario64 (@Wario64) February 26, 2020




