
Platinum vístese de misterio: Que é 4?
Un número e pouco máis, por non dicir nada máis. Platinum Games vén de revelar un teaser sobre un posíbel futuro proxecto, unha boa noticia, pero a información limítase a un simple catro. Que significa este 4?
Difícil sabelo con exactitude. Non hai ningunha saga do estudio xaponés que chegase á cuarta entrega; é máis, de Bayonetta aínda se está a esperar por algún tipo de anuncio sobre o seu terceiro capítulo para Nintendo Switch. Nier tampouco encaixa dentro da ecuación misteriosa do catro.
Ao longo das últimas semanas certos rumores apuntaron cara a unha reestrea de The Wonderful 101, pero oficialmente nada se comentou. As últimas novidades confirmadas da compañía viran ao redor do seu trato con Tencent, confirmándose hai unhas semanas que o xigante chinés fixo un potente investimento dentro de Platinum.
#Platinum4https://t.co/5i8iwBiL9K
— PlatinumGames Inc. (@platinumgames) February 3, 2020
[…] cun título que se lanzou en exclusiva para Wii U. Á súa vez, a compañía nipoa creou unha páxina web que amosa un 4 xunto co nome de The Wonderful 101 Remastered e tres estrelas ao seu redor, polo que […]