Actualidade
PlayerUnkown’s Battlegrounds acada as setenta millóns de copias desde o seu lanzamento
Un dos grandes referentes dentro do xénero dos battle royale é PlayerUnkown’s Battlegrounds que vén de alcanzar unha importante cifra. O título de Bluehole superou as setenta millóns de copias vendidas, unha incrible marca após case tres anos no mercado.
O último dato oficial respecto diso databa de xuño do 2018, cando se anunciou que PUBG acadara as cincuenta millóns de copias, polo que nos dous últimos anos acumulou vinte máis. Isto supón que o xogo aínda ten moito que dicir na súa competencia contra Fortnite, Apex Legends ou Call of Duty: Warzone como líderes do xénero máis famoso dos últimos tempos.