Playground ensina novo gameplay de Forza Horizon 5
Temos novas imaxes en movemento de Forza Horizon 5. O futuro título de Playground Grames apareceu de novo en escena a través dun adianto en vídeo retransmitido durante a Gamescom.
O xogo de carreiras terá como coches de portada dous vehículos completamente distintos, mais que resumen ben a diversidade que quere ofrecer na súa proposta: o todoterreo Ford Bronco Badlands 2021 e o deportivo Mercedes-AMG ONE con tecnoloxía híbrida de Formula 1.
No vídeo principal foron amosados un total de oito minutos de gameplay, o que ofrece unha boa dose de condución e de sensacións á hora de entrever que poderemos atopar neste xogo que sairá o próximo 9 de novembro en todos os sistemas Xbox.
Ademais, tamén ensinaron o seu mando oficial. Bastante chulo, a verdade: